Voltar ó Inicio Inicio           Ver Soutomaior en Galego Galego    Ver Soutomaior en Castellano Castellano     Ver mapa Web de www.soutomaior.com Mapa Web     Contacto co Concello Contacto      Data e hora

 

Turismo

Parroquias

Localización

Rueiro de Arcade

Historia

Lugares de Interese

O Castelo

Xardíns do Castelo

Gastronomía

Festa da Ostra

Galería Fotográfica

Fotografías 360º

Caravanas

O Concello

Alcalde

Corporación

Servizos Municipais

Recursos (axenda)

Muller (CIM)

Asoc. Culturais

Biblioteca

Asoc. Deportivas

Xuventude (OMIX)

Servizos Sociais

Descarga de impresos

Urbanismo

Augas e saneamento

Padrón de habitantes

Rexistros

Modelos e solicitudes

Normativa Municipal

Ordenanzas

Regulamentos

Accesos directos a...

Emprego (OMIX)

Reservar Instalación

  Os Xardíns do Castelo  



 

 Con que nos atoparemos

 Un pouco de historia

 Visitas ó Castelo





 

CON QUE NOS ATOPAREMOS

 
Xardíns do Castelo de Soutomaiorstas son algunhas das variedades que atoparemos no xardín do castelo.
As árbores máis "vellas" son os Castiñeiros chegándose a datar algún deles en 800 anos de antigüidade. O resto do arbolado é moito máis recente e pódese datar en aproximadamente un século.
 

Araucaria de Neuquen

"Araucaria de Neuquen"

Helecho

"Helecho"


Sequoia

"Sequoia"

Acacia Negra

"Acacia Negra"


Ciprés de los pantanos

"Ciprés de los pantanos"

Acibo

"Acibo"

   

Ciprés de Monterrey

"Ciprés de Monterrey"

 

 



Outras especies que atoparemos:

Abies pinsapo, Araucaria imbricata, Celtis australis, Chaenomeles japónica, Chamaecyparis lawsoniana, Eucalyptus cinerea, Lasiandra macrantha, Libocedrus decurrens, Polygala myrtifolia, Pseudotsuga douglasii, Pseudotsuga menziessi, Salvia eriocalyx, Sorbus aucuparia, Tecoma capensis, Tilia americana, Tilia platyphyllos, Tritoma uvaria, Araucaria araucana, Chamaecyparis lawsoniana, Cryptomeria japónica, Cunninghamia lanceolata, Pinus roxburghii, Sequoia sempervirens, Thujopsis dolabrata, Pinus patula, Picea abies, Larix decidua, Nothofagus menziesii, Castanea sativa, Tsuga canadensis, Schinus molle, Ilex aquifolium, Buxus sempervirens, Viburnum opulus, Kalmia latifolia, Rhododendrom sp., Quercus rubra, Quercus robur, Acacia melanoxylon, Magnolia grandiflora, Platanus hybrida, Citrus aurantium, Salix babylónica, Camelia japónica, Cephalotaxus drupacea, Araucaria augustifolia, Araucaria excelsa, Casuarina cunninghamiana, Cephalotaxus drupacea, Calocedrus decurrens, Chamaecyparis pisifera cultivar escuarrosa, Cupressus lusitanica, Thuja plicata var. aurea, Thujopsis dolabrata, Abies alba, Abies nordmanniana, Abies pinsapo, Cedrus deodara, Cedrus libany, Pinus elliotii, Taxus baccata, Taxodium distichum, Cunninghamia laceolata, ademais de camelias, rosais, frutais e os amplos viñedos que lindan co castelo.

                                                                                                                          subir





 

UN POUCO DE HISTORIA

   

“finca” do castelo de Soutomaior comprende 25 hectáreas de terreo que ó longo da súa historia fóronse destinando a distintos usos.
A orixe do parque e dos xardíns ven dada polos Marqueses de la Vega de Armijo e de Mos hacia 1870, época na que deciden fixar a súa residencia de verán no Castelo de Soutomaior, comenzándose tanto a remodelación do recinto amurallado, como a creación dos xardíns que substituíron ós campos de millo alí existentes.

Xardíns do Castelo de Soutomaior

En 1905 fálasenos por primeira vez do arboledo do castelo na obra da Marquesa de Ayerbe “El Castillo del Marqués de Mos en Sotomayor”, obra na que nos conta as diversas variedades de plantas e árbores que se dan.
Non debemos esquecer na nosa relación histórica a obra de D. Rafael Areses publicada en 1953 “Nuestros parques y jardines”, na que se daba mención ás diferentes especies que pola súa rareza ou ben polo porte se atopaban no parque do Castelo de Soutomaior, citando entre elas: a Abies pinsapo, Araucaria imbricada, Celtis australis, Chaenomeles japónica, Chamaecyparis lawsoniana, Eucalyptus cinerea, Lasiandra macrantha, Libocedrus decurrens, Polygala myrtifolia, Pseudotsuga douglasii, Salvia eriocalyx, Sorbus aucuparia, Tecoma capensis, Tilia americana, Tritoma uvaria, Araucaria araucana, Cryptomeria japónica, Cunninghamia lanceolata, Pinus roxburghii, Sequoia sempervirens, Thujopsis dolabrata.
Como se pode observar, xa nesta época se citan diversas especies que aínda hoxe podemos contemplar no parque. As árbores máis vellas que se atopan no parque son os Castiñeiros, dándose algún de ata 800 anos de antigüidade. O resto do arboledo é moito máis recente e pode datarse en aproximadamente dun século.

 


Xardíns do Castelo de Soutomaior

Xardíns do Castelo de Soutomaiorn 1982, a Deputación Provincial de Pontevedra adquire a propiedade e en cinco anos leva a cabo a rehabilitación das edificacións e do parque, considerándose oportuno a conservación e mellora do Parque e Xardíns existentes e a ampliación dos mesmos, a creación dun bosque autóctono galego, creación dun viñedo con variedades autóctonos de Galicia, creación dun souto de castiñeiros, conservación de variedades autóctonas de frutais de oso e pepita, creación dunha colección de camelias e colección de rosais nos xardíns.



Primeiramente para a súa rehabilitación tívose que facer un estudo dos exemplares para coñecer exactamente o que nel había e preparar un primeiro inventario. Realizouse o levantamento topográfico situando nun plano todos os exemplares das diversas especies presentes no parque, logrando o recoñecemento e situación inmediata de cada individuo particular e simplificando todos os traballos posteriores. Unha vez clasificados botánicamente e numeradas todas as árbores, situáronse os nomes científicos e comúns de cada un deles para facilitar deste modo o recoñecemento por parte dos visitantes, a quen se lles fai entrega dun tríptico donde figuran as especies arbóreas numeradas, fotografía das mesmas e cantos datos de interése se estimen necesarios para a divulgación e coñecemento do belísimo parque que rodea o Castelo. A seguinte actuación en orde cronolóxico, foi a de clasificar e marcar as árbores que pola súa situación e forma de vexetación era necesario eliminar en beneficio do resto. Tívose especial coidado en non suprimir ningunha especie que non quedara representada no parque, substituíndo os suprimidos por exemplares de maior porte, beleza e posibilidade de vexetar en mellores condicións.
 
Xardíns do Castelo de Soutomaior Xardíns do Castelo de Soutomaior institución provincial, dende hai tempo implicada no desenvolvemento e cultivo da camelia, quixo crear a súa propia colección, que se pode apreciar nos arredores do castelo, unha das máis representativas e coñecidas especies e variedades que se foi formando en tres etapas.

 

 

 

Unha primeira fase inicial, á que corresponde a compra do castelo, época na que o xardín contaba con 19 exemplares de camelia "japonica", das máis antigas de Galicia; a segunda empeza en 1986, data na que se incorporan novos exemplares, adquiridos en viveiros galegos e estranxeiros de Francia, Inglaterra, California e Nova Zelanda ou procedentes de diversas doazóns feitas por particulares; na terceira engádense cultivos de especial interese pola súa singularidade pero aumentando cada ano un número reducido de camelias.
Os labores emprendidos durante estes tres períodos deron como resultado a colección da Deputación con 500 camelias, das cales 230 están no predio do castelo. Préstaselles unha atención continuada ás plantas, concretamente unha vez por semana en épocas de especial interese e cada quince días o resto do ano para que así manteñan un perfecto estado fisiolóxico e sanitario.
Na actualidade o parque do castelo conta cunha extensión duns 15.700 m2. Nesta superficie consérvanse como foron deseñadas na súa época zonas con elementos primitivos, como é a Praza dos (Castiñeiros), a dos Plátanos, e o xardín racionalista.

 

                                                                                                                     subir
 







 

VISITAS Ó CASTELO

 
Xardíns do Castelo de Soutomaiors visitas ó castelo e ás exposicións poden realizarse de martes a domingo, cun horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas en inverno; en verán de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Os luns está pechado ó público.

Solicitude para visitar o Castelo

                                                                                                                     subir

 


     
Parroquias - Localización - Mapas - O Castelo - Axenda - Galería Fotográfica - Mapa Web - Aviso Legal

© 2006 Concello de Soutomaior
Rúa Alexandre Bóveda, 8 36691 - Soutomaior Pontevedra
Webmaster: LYC Servicios Informáticos