Voltar ó Inicio Inicio           Ver Soutomaior en Galego Galego    Ver Soutomaior en Castellano Castellano     Ver mapa Web de www.soutomaior.com Mapa Web     Contacto co Concello Contacto      Data e hora

 

Turismo

Parroquias

Localización

Rueiro de Arcade

Historia

Lugares de Interese

O Castelo

Xardíns do Castelo

Gastronomía

Festa da Ostra

Galería Fotográfica

Fotografías 360º

O Concello

Alcalde

Corporación

Taboleiro

Bandos

Anuncios

Servizos Municipais

Recursos (axenda)

Muller (CIM)

Asoc. Culturais

Biblioteca

Asoc. Deportivas

Xuventude (OMIX)

Servizos Sociais

Descarga de impresos

Urbanismo

Augas e saneamento

Padrón de habitantes

Rexistros

Modelos e solicitudes

Normativa Municipal

Ordenanzas

Regulamentos

Contratacións

Perfil do Contratante

Accesos directos a...

Emprego (OMIX)

  Gastronomía  

Gastronomía - Soutomaiors dous productos máis destacables do municipio son, sen dúbida, as ostras e o viño albariño.
Nos areais de Arcade poden recollerse as mellores ostras e os seus bancos naturais fixéronse famosos e converteron a este lugar na capital do marisco, así como de obrigada parada.
Nos anos cincuenta era frecuente que os mariscadores regresasen do labor con cestas ateigadas de ostras.
A festa da Ostra en Arcade exalta, no primeiro fin de semana de abril, a mellor e máis preciada ostra de toda Galicia.

 

Ostras de Arcade


Gastronomía - Soutomaior albariño de Soutomaior ten lexítima, xusta e merecida fama e como din moi certeiramente os de Soutomaior, é o mellor do mundo. Ademais da súa calidade o albariño é sempre aquí o complemento ideal de vida. Os seus viñedos adornan a paisaxe e a vendima ten aquí unha liturxia especial. A uva albariña de exquisita redondez loce co ouro mellor deses días de comezo do outono, cando o sol é tímido e os homes e mulleres a transportan da viña ao lagar, onde se garda coa honra que este tesouro merece.

Uva de viño albariño de Soutomaior

Gastronomía - Soutomaiors cociñeiros de Soutomaior famosos como Lucas, "O Xabelo" ou o Arxentino Aquiar… sempre atoparon nestes excelentes viños un bo complemento ás súas habilidades gastronómicas.
Falar do albariño de Soutomaior é evocar unha mística non só de paisaxe, senón tamén de coidado. A estructura dos viñedos respétase sempre.
Na actualidade existen dúas bodegas encargadas da súa comercialización.
 


A partir da vendima de 1996, o albariño de Soutomaior ten denominación de orixe "Rías Baixas", subzona de Soutomaior.
Coa frescura dese viño, pureza e alimento divino, Soutomaior está no mundo baixo a mirada do máis grande testemuño medieval e a esperanza suprema da apertura atlántica, que lle dá á vecindade do mar de Vigo, a gran porta atlántica onde Galicia se asoma a tódolos rumbos.

Pero non só están presentes as ostras e o albariño senon que tamén hai que engadir outros productos, como poden ser os berberechos e as ameixas, productos que atopan unhas condicións inmellorables nas augas da ría de Vigo que bañan a costa da parroquia de Arcade.
Debemos lembrar que Soutomaior é un lugar de tradición gastronómica e hosteleira, xa que de aquí saíron numerosos expertos na arte da cociña. Como mostra disto, só fai falla observar o número de restaurantes que se concentran na localidade de Arcade. Tamén hai algúns, aínda que en menor número en Soutomaior. Tanto uns coma outros son punto de cita para todos os amantes da boa cociña.

RECEITAS

 

 
 
Ostras ó natural

 

 

 

 

 

 


(Fotografía "ostras ó natural")

Receta cedida por:
Manuel Luís Martínez Diz

 

Ostras ó viño albariño
Para 4 persoas.
24 ostras
1 limón
viño albariño
1 folla de laurel
Aceite de oliva
Sal e pementa
Tomillo

Ver modo de preparación en formato PDF pulsando aquí.

 


 

Ostras de Arcade con frutos do campo

 

 

 

 

 

 


Receta cedida por:
Manuel Luís Martínez Diz

Ostras de Arcade con frutos do campo
Para 4 persoas.
24 ostras
2 mazás
200 gr. setas
Pemento vermello e verde
Cebolas tenras
Allo
Un chorro de viño albariño
Un chorro de brandy
1 bote de nata peq.
2 cucharadas de mantequilla
Tomillo, sal e pementa

Ver modo de preparación en formato PDF pulsando aquí.

 

Para acompañar:

CREMA DE CASTAÑAS CON CHOCOLATE BORRACHO - Ver preparación en PDF

 

   

* Nota: Para poder visualizar os arquivos en PDF deberá ter instalado o
Adobe Reader. Se desexa descargarlo pode facelo dende aquí.


 

subir

     
Parroquias - Localización - Mapas - O Castelo - Axenda - Galería Fotográfica - Mapa Web - Aviso Legal

© 2006 Concello de Soutomaior
Rúa Alexandre Bóveda, 8 36691 - Soutomaior Pontevedra
Webmaster: LYC Servicios Informáticos