Voltar ó Inicio Inicio           Ver Soutomaior en Galego Galego    Ver Soutomaior en Castellano Castellano     Ver mapa Web de www.soutomaior.com Mapa Web     Contacto co Concello Contacto      Data e hora

 

Turismo

Parroquias

Localización

Rueiro de Arcade

Historia

Lugares de Interese

O Castelo

Xardíns do Castelo

Gastronomía

Festa da Ostra

Galería Fotográfica

Fotografías 360º

Caravanas

O Concello

Alcalde

Corporación

Taboleiro

Bandos

Anuncios

Servizos Municipais

Recursos (axenda)

Muller (CIM)

Asoc. Culturais

Biblioteca

Asoc. Deportivas

Xuventude (OMIX)

Servizos Sociais

Descarga de impresos

Urbanismo

Augas e saneamento

Padrón de habitantes

Rexistros

Modelos e solicitudes

Normativa Municipal

Ordenanzas

Regulamentos

Contratacións

Perfil do Contratante

Accesos directos a...

Emprego (OMIX)

  Historia do Concello

 
 

O TERMO MUNICIPAL (DATOS XEOGRÁFICOS)

Escudo do Concello de Soutomaior
Historia do Concello de Soutomaior Concello de Soutomaior está situado ó oeste de Galicia, e ó suroeste da provincia de Pontevedra, da que administrativamente forma parte. Limita polo norte, cos concellos de Pontevedra e Ponte Caldelas; polo leste, cos de Ponte Caldelas, e o de Fornelos de Montes; polo sur, cos de Pazos de Borbén e Redondela; e polo oeste, coa ría de Vigo.

A súa situación xeográfica é: latitude, 42° 19'7, Norte; e a lonxitude de 8° 34', Oeste; sendo a súa altitude de 83 metros, sobre o nivel do mar.

O código xeográfico de Soutomaior, é o 36520; o do INE, o 36053; e as follas do mapa topográfico nacional a escala 1/50.000, onde aparece debuxado, son as número: 185 e 223.

Os seus ríos son o Verdugo e o Oitavén, procedentes os dous da Serra do Suido, que se unen na "Ponte Colgante", e desembocan na ría de Vigo.

As maiores elevacións son a de Monzón, 479 metros; Redondiñas, 471; Couto Agudo, 409; e, Peneda, 334.

 

O TERMO MUNICIPAL NO ANTIGO RÉXIME


Historia do Concello de Soutomaioro antigo réxime o que hoxe coñecemos como Concello de Soutomaior, tiña as parroquias que o compuxeron no ano 1836, antes da separación de Fornelos, todas na xurisdicción de Soutomaior, agás a de Arcade, que era un couto redondo, pertencendo as dúas á provincia de Tu¡, coa seguinte distribución e dependencias.
 

Xurisdiccións

Parroquias

Señorío

Soutomaior

Soutomaior (Vila)

S.S. e X.O. polo Duque de Soutomaior.

id.

Calvos

id.

id.

Estacas

id.

id.

Fornelos

id.

id.

Laxe

id.

id.

Traspielas

id.

Arcade C.R.

Arcade

Ab. e X.O. polo Rvdo. arcebispo de Santiago.

Antigo Concello


 
 

OS PRIMEIROS CONCELLOS CONSTITUCIONAIS


Historia do Concello de Soutomaioresta etapa do primeiro tercio do século XIX, no que hoxe é concello de Soutomaior e o seu distrito, houbo dous Concellos constitucionais: o de Arcade e o de Soutomaior, os dous pertencentes ó partido xudicial de Redondela, e que figuran como tales nos repartimentos que fai a deputación de Galicia, entón única, entre os Concellos para distribuirlles a quinta e a contribución territorial e de consumos, nas datas que a seguir se expresan:
 

Concellos

7-7-1821
Homes

13-9-1821
Rs. Ms.

2-10-1821
Rs. Ms.

Arcade

1 4.579, 07 3.935, 26

Soutomaior

5 1/2

23.697, 12

14.175, 06

Historia do Concello de Soutomaiors Concellos ditos de Soutomaior e Arcade seguen figurando polo partido xudicial de Redondela, cando a comenzos do 1822 se fai a división de Galicia en catro provincias, pasando entón a efectos de tributación a depender da nova provincia e deputación de Vigo, quen fai un repartimento entre os Concellos do seu orzamento de gastos o 20 de outubro de 1822, no que figura ademais a poboación, e que para os Concellos ditos é a seguinte:
 

Concellos

Rs. Ms.

Poboación. Almas

Arcade

701,08

935

Soutomaior

2.589, 25

3.453


 

A DIVISIÓN MUNICIPAL DO R.D. DE 23 DE XULLO DE 1835


Historia do Concello de Soutomaior proposta feita polos comisionados do Gobernador Civil no partido xudicial de Redondela, para facer realidade o R.D. de 23 de xullo de 1835, e que ten a data do 7 de outubro de 1835, propón catro Concellos para o partido xudicial de Redondela, entre os que se atopa o de Soutomaior, con sete parroquias.

Esta proposta foi aceptada polo deputado do partido no seu informe á deputación do 10 de xullo de 1836, pedindo fose aprobada a división do partido nos catro Concellos, coas capitais e lindeiros, que acertadamente propuxo a comisión. Tamén foi aprobada logo pola comisión correspondente, e con suxección á primeira proposta.

Esta proposta forma parte da nova planta dos Concellos constitucionais da provincia, que en canto ó partido xudicial de Redondela publicouse no BOPPO, número 97 do 3 de decembro de 1836, e nela figura o Concello de Soutomaior, da forma literal seguinte.

Nombres de los Ayuntamientos y Parroquias de que se componen

Núm. de vecinos

Idem de almas

Electores parroquiales que corresponden

Sotomayor, san Salvador (Capital)

446

1780

3

Calbos, san Adrián

168

441

3

Traspielas, santa María

59

171

2

Estacas, santa María

65

300

2

Fomelos, san Lorenzo

340

1116

3

Lage, san José

48

217

 

 

 

 

2

Arcade, Santiago

  99

500

 

 

1225

4525

15

 

AS VARIACIÓNS QUE SE PRODUXERON DESPOIS


Historia do Concello de Soutomaior 7 de decembro de 1842, os veciños da parroquia de Frnelos, demandan a segregación de Soutomaior e forman eles Concello propio.
Na sesión do Concello de Soutomaior en decembro do ano 1847, acordan trasladar a capitalidade do concello a Fornelos de Montes, onde permanecerá o Concello ata o 13 de agosto de 1854, en que volve a Soutomaior, sen que chegue a plantexarse o cambio de nome.

Polo concello de Soutomaior, e estudiada unha solicitude de segregación, o 18 de xuño de 1869, das parroquias de Calvos, Traspielas, Fornelos, Estacas e Laxe, con arreglo á lei local vixente, sendo aprobada polo dito concello o 26 de xullo de 1869, e a deputación provincial, da que se da conta desta petición, na sesión do 28 de xullo, acorda crear un novo Concello coa denominación de Fornelos de Montes. Remitido o expediente, volve para consignar nel determinados datos, e sendo aprobada a creación do mesmo na sesión do 27 de abril de 1870, acordando o establecemento deste Concello que tivo lugar o 10 de maio de 1870. Desta forma queda constituido o novo Concello de Fornelos de Montes, unido a Soutomaior durante 34 anos, e coa sua perda polo Concello de Soutomaior, que perde tamén 77.3 Kms2 do seu territorio.

No ano 1853, os veciños da parroquia do Viso, Santa María, interesan ser segregados do Concello de Redondela ó que pertencían e pertencen, para ser engadidos o Concello de Soutomaior. E se ben esta petición non foi para adiante, tampoco o foi o acordo do 4 de marzo de 1868, da deputación sobre reducción de Concellos, no que Soutomaior constituía un novo Concello co de Pazos de Borbén. Na revolución do 1868 foi suprimido Soutomaior pola Xunta de Redondela, e incorporada a mesma por moi pouco tempo, pois deseguida todo voltou a como estaba antes.


O CASTELO DE SOUTOMAIOR.

Castelo de Soutomaior

 Ampliar Datos...
 


ORIXE DO APELIDO SOUTOMAIOR.

O apelido Soutomaior procede dos Saavedra, orixinarios da provincia de Lugo, e remóntase ó século VIII. A súa filiación comeza con Paio Méndez de Soutomaior, presente na batalla das Navas (ano 1212), fillo ou neto de Men Páez Sorred.


O CASTELO DE CASTRIZÁN ( "A PENEDA")

Castrizán

Antigamente ocupou este lugar o chamado castelo de Castrizán, que mandara construir o arcebispo de Santiago, D. Alonso de Fonseca e

Ulloa, no ano 1477, para controlar ó de Soutomaior, aproveitando o cautiverio de Pedro Madruga en Castela. (Ó seu regreso, apoderouse da fortaleza e destruíuna).
A capela na actualidade está rodeada dun muro granítico de contención de terras con dúas entradas: unha polo norte e outra polo sur. No resto da superficie ó aire libre hai un esbelto cruceiro e unha extensa arboreda.
Dende este lugar gózase de amplos horizontes que abarcan a ría de Vigo e o famoso val do río Verdugo. É tamén un magnífico enclave para contemplar o Castelo de Soutomaior.    
 


                                                                                                                                     subir

     
Parroquias - Localización - Mapas - O Castelo - Axenda - Galería Fotográfica - Mapa Web - Aviso Legal

© 2006 Concello de Soutomaior
Rúa Alexandre Bóveda, 8 36691 - Soutomaior Pontevedra
Webmaster: LYC Servicios Informáticos