Voltar ó Inicio Inicio           Ver Soutomaior en Galego Galego    Ver Soutomaior en Castellano Castellano     Ver mapa Web de www.soutomaior.com Mapa Web     Contacto co Concello Contacto      Data e hora

 

Turismo

Parroquias

Localización

Rueiro de Arcade

Historia

Lugares de Interese

O Castelo

Xardíns do Castelo

Gastronomía

Festa da Ostra

Galería Fotográfica

Fotografías 360º

O Concello

Alcalde

Corporación

Taboleiro

Bandos

Anuncios

Servizos Municipais

Recursos (axenda)

Muller (CIM)

Asoc. Culturais

Biblioteca

Asoc. Deportivas

Xuventude (OMIX)

Servizos Sociais

Descarga de impresos

Urbanismo

Augas e saneamento

Padrón de habitantes

Rexistros

Modelos e solicitudes

Normativa Municipal

Ordenanzas

Regulamentos

Contratacións

Perfil do Contratante

Accesos directos a...

Emprego (OMIX)

Reservar Instalación

  Servizos Sociais
 

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Soutomaior traballa activamente para mellorar
a calidade de vida
e a participación na sociedade de todas as persoas e grupos do municipio. As iniciativas desenvolvidas inciden especialmente nos cidadáns que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva.
A atención primaria é a máis achegada aos cidadáns para buscar respostas ás demandas e necesidades das persoas.



  Departamento Servizos Sociais

Concello de Soutomaior
R/ Alexandre Bóveda, 8
36691 Soutomaior Pontevedra
Teléfono: 986.705.114
Fax.:986.705.333

Horario de atención ó público:


Solicitar cita previa para este servizo de 9:30 a 13:30 nos números de teléfono do Concello (986.70.51.14- 986.70.51.06) ou persoalmente nestas dependencia municipais na oficina da Auxiliar de Servizos Sociais.

Os programas básicos de acción desenvolvidos polos Servizos Sociais do Concello son:


 
1.-

Programa de Orientación, Asesoramento e Información

 
Ten por obxecto informar á cidadanía sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, ós servizos sociais de atención especializada.

Para ampliar información sobre o programa pinche aquí.




2.-

Programa de Axuda no Fogar

 
O servizo de axuda no fogar está dirixido a toda a poboación. Gozan de prioridade aqueles cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico. A estas persoas préstanselles unha serie de atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico e proporciónaselles a posibilidade de continuar no seu contorno natural, mentres isto sexa posible e conveniente.

O devandito programa está regulado pola Ordenanza Municipal do Concello de Soutomaior de Servizo de Axuda no Fogar. Este servizo pódese complementar co programa de teleasistencia domiciliaria.

Para ampliar información sobre o programa pinche aquí.




3.-

Programa de Emerxencia Social

 
Dende os Servizos Sociais detéctanse situacións de urxencia debido fundamentalmente as novas realidades sociais (inmigración, desemprego de larga duración…) que requieren ser abordadas de xeito rápido e eficaz. Fundamentalmente situacións de escaseza de medios económicos que dificultan o normal desenvolvemento das persoas ou familias. Con este programa preténdese paliar e se é posible, correxir estes déficits.

Para ampliar información sobre o programa pinche aquí.




4.-

 Programa de Animación, Prevención e Cooperación Social

 
Este programa quere potenciar a participación de persoas e grupos na vida comunitaria fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado, así como favorecer a toma de conciencia dos cidadáns sobre os seus problemas e instrumentar os mecanismos que fagan posible a participación destes na busca de solucións e na xestión dos servizos e/ou actividades que se demande.

Para ampliar información sobre o programa pinche aquí.




5.-

Programa de convivencia alternativa

 
Ten por obxecto a oferta dun aloxamento provisional a aquelas persoas en situación de emerxencia persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no propio fogar ou este non exista.

Para ampliar información sobre o programa pinche aquí.




6.-

Programa de Educación Familiar

 
O programa de educación familiar intervén en tres sectores moi importantes. A familia e a escola, os adolescentes e a muller. Trata de paliar nas familias as deficiencias presentadas e promover hábitos. Así mesmo, procura a prevención de futuras dificultades e a integración social dos seus membros a nivel profesional, escolar, etc.



subir

     
Parroquias - Localización - Mapas - O Castelo - Axenda - Galería Fotográfica - Mapa Web - Aviso Legal

© 2006 Concello de Soutomaior
Rúa Alexandre Bóveda, 8 36691 - Soutomaior Pontevedra
Webmaster: LYC Servicios Informáticos