Asociacionismo

Servizo de información e Asesoramento a Asociacións

<vacío> NORMATIVA BÁSICA
<vacío> DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA CONSTITUÍR UNHA ASOCIACIÓN
<vacío> ASOCIACIÓNS XUVENIS
<vacío> CONSELLO DA XUVENTUDE GALEGA
<vacío> ENLACES
<vacío> DIRECTORIO DE ASOCIACIÓNS MUNICIPAIS

Servizo de asesoramento

Este servizo ofréceche a posibilidade de informarte sobre os trámites legais necesarios para constituír unha asociación e tamén de mellorar a xestión da túa entidade. Ofrecemos asesoramento sobre a planificación da vida diaria da túa asociación e das actividades que promovedes ou queredes promover para así dinamizar a vosa entidade.

Tamén vos ofrecemos información legal e a posibilidade de acceder a recursos que poden mellorar a xestión económica da mesma e, así ter as contas ao día.

Informamos sobre:
Trámites legais
Xestión dunha asociación
Deseño e elaboración de proxectos
Axudas e subvencións



Normativa básica

a) Artigo 22 da C.E. do 27 de decembro de 1978 (BOE nº 811-1, de 29 de decembro).
b) Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.
c) Real Decreto 713/1977, de 1 de abril (BOE nº 96, de 22 de abril), que regula Denominacións.
d) Real Decreto 397/1988, de 22 de abril (BOE nº 102, de 28 de abril), que regula Asociacións Xuvenís.
e) Real Decreto 1786/1996, de 19 de xullo (BOE nº 290, de 29 de agosto), sobre Declaracións de Utilidade Pública.


Documentación necesaria para construir unha asociación

1. Solicitude de inscrición da asociación, na que conste:
    - Identificación da persoa solicitante ou promotora, sinatura, NIF     e cargo que ocupa na asociación.
    - Identificación da asociación, denominación, enderezo (incluído no seu caso o de     internet) e CIF. No caso de non achega-lo CIF na solicitude, unha vez obtido     remitirase unha copia ó Rexistro de Asociacións para a súa constancia.
    - Descrición da documentación que acompaña e petición que se formula.

a.
Nas asociacións de ámbito provincial:
Dirixida ó Ilmo. Sr. Delegado Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da provincia correspondente, asinada pola persoa designada para tal efecto na acta da asemblea extraordinaria ou polo representante da asociación segundo os estatutos (solicita o modelo na OMIX).

b.
Nas asociacións de carácter autonómico:
A instancia dirixirase ó Ilmo. Sr. Director Xeral de Interior e Protección Civil, asinada pola persoa designada para tal efecto na acta da asemblea extraordinaria ou polo representante da asociación segundo os estatutos (modelo na OMIX).


2. Acta fundacional por duplicado. Exemplar na que se identifica a todas as persoas promotoras e se especifica o lugar e data do seu outorgamento. Na acta débense recoller as sinaturas orixinais de todos/as os/as promotores/as, debe figurar a súa vontade de constituír a asociación e desígnanse os membros dos órganos provisorios de goberno. (solicita o modelo na OMIX)


3. Dous exemplares dos estatutos asinados en todas as follas con sinaturas orixinais dos/as promotores/as. (solicita o modelo da OMIX)


4. Documentación acreditativa da personalidade:
a) Se os/as promotores/as son persoas físicas deberán remitir copia do DNI.
b) Se son persoas xurídicas certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que apareza a vontade de constituír a asociación e formar parte dela así como a designación da persoa física que a representará (quen tamén deberá acredita-la súa identidade coa remisión da copia do DNI). As persoas xurídicas acreditarán a súa existencia presentando copia compulsada da escritura pública de constitución ou documento constitutivo co xustificante da súa inscrición no correspondente rexistro.


5. Aboamento de Taxas. Segundo a lexislación orzamentaria vixente. (consultar taxas na OMIX)

Para saber máis sobre os trámites legais de constitución dunha asociación: acta fundacional, elaboración de estatutos, inscrición en rexistro, alta fiscal etc., a onde tes que dirixirte infórmate na OMIX de Soutomaior no Multiusos en Arcade.



Asociación xuvenís

Á hora de constituír unha asociación hai que ter en conta que os /as membros deberán ser maiores de 14 anos e menores de 30, na súa maioría. A asociación pode ter carácter cultural, deportiva ou social...



Consello da Xuventude Galega

O CONXUGA é unha entidade institucional representativa das organizacións xuvenís de Galicia, unha entidade de dereito Público con personalidade xurídica propia e con plena capacidade para o cumprimento dos seus fins:

a) Promoción da participación dos mozos galegos na vida política, socio - económica e cultural do pais.
b) A representación e defensa dos dereitos e intereses da mocidade diante das administracións públicas e da sociedade en xeral.
c) A extensión da política de desenvolvemento comunitario e de animación socio -  cultural no ámbito da xuventude.
d) A promoción do desenvolvemento do asociacionismo xuvenil.
e) A procura de canles de información e colaboración entre as distintas organizacións xuvenís galegas respecto dos mozos e organizacións de todo o mundo.

Está situado en Santiago de Compostela. E ofrece os seguintes servizos:
- Información xuvenil.
- Servizo de asesoría económica.
- Servizo de asesoría xurídica.
- Servizo de asociacionismo.
- Servizo de educación para a saúde.
- Servizo de formación para o emprego.
- Servizo de documentación.
- Servizo de obxección de conciencia.


O Consello da xuventude está situado en:
Fonte de San Antón, 25-1º - 15702 Santiago de Compostela.
www.cxg.org


Ligazóns

www.socialia.org
www.cidadansvigo.org
www.aytolacoruna.es/cmij
www.csg.es
www.xacovol.com
www.hacesfalta.com
www.galiciasolidaria.org
 



Directorio de Asociacións municipais

> Asociacións Culturais do Concello
> Asociacións Deportivas do Concello

  


© 2009 Multiusos en Arcade | Rúa Peirao, 8 36690 - Soutomaior Pontevedra | Webmaster: LYC Servicios Informáticos
Teléfono e Fax: 986 700 822 | omix@soutomaior.com