Carné Xove

TARJETA VISA ELECTRÓN XOVE | CARNÉ XOVE | CARNÉ DE ALBERGUISTA | CARNÉ ISIC | CARNÉ MESTRES TEACHER – ITIC | CARNÉ XOVE INTERNACIONAL (IYTC)



Tarjeta visa electrón xove


Tarjeta Visa Electrón Xove: Nova, gratis e chea de vantaxas

 

 


Carné xove


Que é o carné xove?
Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras.

Quen pode facelo? Que vixencia ten?
Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive. A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive).

Como facelo?
Cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas
 - Impreso de solicitude (descargar). 
 - Pagar por internet (o navegador avísanos de que non é unha conexión segura, se queremos continuar aceptamos). Facemos clic en INICIAR.
 - Cumplimentar os datos do formulario de modo que quede como na seguinte imaxe.
 - Finalmente achegarse a unha oficina expendedora co impreso de solicitude cuberto e asinado e o xustificante de pagamento e o DNI do/a interesado/a (pode facerse o doutra persoa, sempre que se traia a documentación e o DNI desa persoa). 

Onde facelo?
O carné xove pódese facer en:

 - Servizos de Xuventude dos Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar. 
Departamento Territorial de Vigo. Servizo de Xuventude e Voluntariado.Rúa Concepción Arenal, 8-1º andar. 36201 Vigo

 - Oficinas municipais de información xuvenil integradas na rede galega de información e documentación xuvenil 
 
OMIX en Pontevedra: Agolada, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cercedo, Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía, Vilanova. Tamén nas Casas de Xuventude de Lalín e Vilagarcía.

Nalgunhas oficinas de Novacaixagalicia.

OMIX en soutomaior: OMIX R/PEIRAO,8 – ARCADE 36690 CONCELLO DE SOUTOMAIOR Teléfono 986700822
omix@soutomaior.com www.soutomaior.com

Que modelos de carné xove existen?
O carné xove pódese expedir como modelo clásico ou como modelo combinado xunto coa tarxeta bancaria
modelo clásico:



modelo combinado:



Onde utilizalo? Finalidade e vantaxes
O seu obxectivo é facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.
Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Establecementos adheridos
Son aquelas entidades que colaboran co programa Carné Xove ofrecendo aos seus titulares vantaxes ou beneficios.
Tipos de descontos:
1.Xerais ou nacionais
2.Noutras comunidades autónomas
3.En Galicia (A Coruña IA Coruña IILugoOurensePontevedra IPontevedra IIultimas actualizacións ou excel)
4.Temporais. Os usuarios do carné xove gozarán en todas as actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como mínimo, dun desconto do 10%. A porcentaxe do desconto aplicable especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se levan a cabo.
5.Europeos

Non debedes esquecer que todos os descontos que figuran, non serán de aplicación en período de rebaixas, liquidación, promoción ou sobre produtos xa rebaixados, nin nos pagos con tarxeta.

As entidades colaboradoras, en caso de dúbida sobre a identidade de quen presenta o carné xove, poden solicitar, a efectos de comprobación, a presentación do DNI.

Carné xove non pode responder dos descontos non efectuados e das posibles variacións sobre a porcentaxe de estes no estranxeiro. Neste caso trasladarase a incidencia á organización de cada país e á Asociación Europea del Carné Joven (EYCA).

A aplicación dos descontos nos servizos e/ou artigos realizarase na dirección dos colaboradores que se indica para cada paso. Se houbera calquer outro sitio ou procedemento (venta anticipada) será preciso informarse en cada caso.

INCORPORACIÓNS 2012
Unha chea de establecementos incorpóranse ao Programa do Carné Xove. Consulta nos pdfs adxuntos os descontos da túa provinciaDesfruta de vantaxes en tendas de roupa, calzado, complementos, salóns de peiteado, ópticas, clínicas dentais, cafetarías…A CORUÑALUGOOURENSEPONTEVEDRA   

Como identificar os establecementos adheridos?
A través dun adhesivo, que recolle unha reprodución do logo identificarás os lugares onde vos farán algún tipo de desconto ou vantaxe.

Se algún establecemento non realizara o desconto, deberedes poñelo en coñecemento da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado mediante a folla de reclamación.

Iso si, debedes ter en conta que estes establecementos poden darse de baixa ou modificar os seus datos notificándoo á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con 2 meses de antelación, polo que esta información aparecerá actualizada nesta páxina web.

Seguro
Os posuidores do carné xove tedes un seguro de balde que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidades facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.

As características principais das garantías de asistencia son as seguintes:
 - Asistencia por accidente ou enfermidades durante a viaxe.
 - Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos.
 - Transporte dos acompañantes.
 - Inmobilizacións nun hotel.
 - Repatriación ou transporte do asegurado falecido.
 - Para consultar polo miúdo as coberturas e exclusións do seguro descarga o pdf adxunto.

Todas estás prestacións serán efectuadas baixo petición expresa do asegurado a: CASER, S.A.
Av. de Burgos, 109
28050 Madrid
Teléfonos: En España: 902 100 728
No estranxeiro: +34 91 594 96 74

CASER, S.A. garante as prestacións dos servizos coa maior dilixencia e durante as 24 horas do día.

O número de póliza do seguro é: 19.227.336  





Carne alberguista

Finalidade
Dá dereito ao uso de albergues xuvenís en España (REAJ) e en países membros da Federación Internacional de Albergues Xuvenís (IYHF).

Destinatarios
Existen catro modalidades:
Xuvenil, 14-30 anos, custo 5€.
Adulto, de 30 anos en adiante, custo 12€.
Familiar, familias con fillos menores de 14 anos,  custo 24€. É necesario achegar fotocopia do libro de familia.
Grupo, dende 10 persoas menores de 30 anos,  custo  15€.  Válido en España.

  1. As asociacións xuvenís censadas no Censo da Dirección Xeral de Xuventude poden obtelo gratuitamente.
Internacional para estranxeiros sen residencia en España.

Expedición
No Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, Santiago de Compostela. Nas Delegacións Provinciais de Igualdade e do Benestar ou nos Servizos de Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo. Estes carnés tamén se poden obter nos Albergues da rede REAJ.

Validez
A validez é dun ano. Con estes carnés entrégase de modo gratuíto unha guía de albergues de España.





Carne ISIC

Finalidade
Serve para obter descontos nos transportes públicos das cidades dos países estranxeiros que visitades, tamén ten descontos nos Museos Públicos, comedores universitarios, etc. Na páxina web www.isic.org pódense atopar os descontos por países e cidades.

Destinatarios
Estudiantes maiores de 12 anos.

Expedición
Emítese no Centro Coordinador de Información. e Documentación Xuvenil de Galicia, Santiago de Compostela, nas Delegacións Provinciais de Igualdade e do Benestar ou nos Servizos de Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo.

Requisitos
Presentar o DNI ou pasaporte. Fotografía tamaño carné. Os maiores de 16 anos deben acreditar a matrícula ou carné de estudante universitario. Vixencia: Curso académico.



Carné mestres (Teacher-ISIC)

Finalidade
Ten prestacións similares ao ISIC e descontos en viaxes, aloxamentos, museos...

Destinatarios
Está destinado exclusivamente para profesores.

Expedición
No Centro Coordinador de Información. e Documentación Xuvenil de Galicia, Santiago de Compostela, nas Delegacións Provinciais de Igualdade e do Benestar ou nos Servizos de Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo.

Requisitos
Acreditar a condición de profesor (certificado do centro onde imparten as clases ou unha nómina). Presentar o DNI ou pasaporte. Fotografía tamaño carné. Custo, 8€. Vixencia, o ano académico.




Carné xove internacional (IYTC)

Finalidade
Ten prestacións similares aos carnés (ISIC) e (ITIC), ten descontos en viaxes, aloxamentos, museos,etc...

Destinatarios
Para xoves menores de 26 anos e que non acrediten ser estudiantes.

Expedición
No Centro Coordinador de Información. e Documentación Xuvenil de Galicia de Santiago de Compostela, nas Delegacións Provinciais de Igualdade e do Benestar ou nos Servizos de Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo.

Requisitos
Presentar DNI ou pasaporte. Unha fotografía tamaño carné. Custo, 6€. Vixencia, ano académico.



© 2009 Multiusos en Arcade | Rúa Peirao, 8 36690 - Soutomaior Pontevedra | Webmaster: LYC Servicios Informáticos
Teléfono e Fax: 986 700 822 | omix@soutomaior.com