Emprego

Servizo Municipal de Información Orientación e Asesoramento Laboral


    •  Plan municipal de emprego

            Servizos
            Bolsa de emprego
           Técnicas de búsqueda de emprego

Servizos Autonómicos

    Servizo público de emprego
    Servizo galego de colocación

Portais de emprego

 



Servizo Municipal de Información Orientación e Asesoramento Laboral



Servizos

ORIENTACIÓN LABORAL
Este servizo vai destinado a demandantes de emprego ofrecéndolles información, asesoramento e orientación sobre a elaboración do currículo, carta de presentación e perfil profesional; axudándolles a mellorala súa empregabilidade e informando sobre todos aqueles aspectos que axuden a realizar unha procura activa de emprego con eficacia.
A orientación individualizada complétase cun servizo de autoconsulta de ofertas de emprego privado e público, listados de ETT e empresas, webs específicas de emprego, etc.

Tamén contamos cunha BOLSA DE EMPREGO incluída dentro do PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO da Concellería de Xuventude. Nesta base de datos podedes incluír o voso currículo ou, no caso de ser unha empresa, a vosa oferta de emprego.
Poderedes acceder a este servizo na OMIX, no Multiusos en Arcade.

Ás dúas prestacións anteriores únese o servizo municipal de PROMOCIÓN DO AUTOEMPREGO  que consiste en:

Proporcionar un asesoramento personalizado a todas aquelas persoas que teñan unha idea de negocio ofrecendo a posibilidade de realizar un estudo de viabilidade do seu proxecto e as xestións iniciais para a posta en marcha do negocio. Neste servizo tamén se ofrece información sobre as axudas tanto para as empresas de nova creación como para as xa existentes.
Poderedes acceder a este servizo na Casa do Concello en horario de 9,00 a 14,00 h.



BOLSA DE EMPREGO

DEMANDANTES

Ver Ofertas de Emprego





Técnicas de búsqueda de emprego

Ademais do Servizo Público de Emprego existen outras alternativas para buscar emprego, empregando algunhas das seguintes técnicas:
1- Candidatura espontánea
2- Curriculum vitae
3- Carta de presentación
4- Entrevista
Para ampliar información en PDF pulse aquí

 

Servizos automáticos



Servizos público de emprego

QUE É O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO?

Breve reseña
O Servicio Público Galego de Emprego é o resultado da asunción pola Xunta de Galicia das competencias do INEM relativas ás políticas activas de emprego xunto coas accións que a Xunta desenvolvía nesta materia, en particular o SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN.

O modelo previsto é capaz de garantir as funcións do Servizo Público de Emprego do Estado (SEPE) sobre o territorio galego, con maiores niveis de calidade na atención aos/ás usuarios/as e da eficacia na xestión dos seus programas.

Ademais, a súa implantación territorial incrementa a súa capacidade operativa ó integrar as súas oficinas de emprego transferidas cos centros asociados que xa tiña o Servizo Galego de Colocación, respondendo así ao reto de achegar os servizos aos cidadáns e de mellorar a eficacia das políticas activas con atención aos mercados locais de emprego. Todo isto, sen prexuízo do mantemento da unidade do mercado laboral no nivel estatal e europeo, grazas á integración e compatibilidade do seu servizo informático co SEPE e o EURES respectivamente.

En Galicia optouse, unha vez que tivera eficacia o traspaso das funcións do INEM á Xunta de Galicia, por adscribir todas as competencias do Servizo Público de Emprego á Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, estructurándose ó redor de dúas direccións xerais:

• Dirección Xeral de Formación e Colocación
• Dirección Xeral de Fomento do Emprego

Deste xeito, a natureza xurídica do Servizo Público de Emprego en Galicia non é outra que a da propia Xunta de Galicia. Refórzase así o seu carácter público e a coordinación co resto das políticas conexas.

Por outra banda, atendendo ao principio de descentralización e territorialización das políticas activas de emprego, a xestión apóiase nas catro delegacións provinciais da Consellería e nas 51 oficinas de emprego transferidas, así como nos Centros Asociados (213) existentes.



Servizos galego de colocación

O Servizo Público de Emprego é de carácter gratuíto e público. As súas funcións son:

Intermediación entre a oferta e a demanda.
Accións de Orientación Laboral.
Programas de Asesoramento para o autoemprego.
• Observatorio ocupacional e realización de estatísticas.

INTERMEDIACIÓN LABORAL

   O Servizo Galego de Colocación, como parte do Servizo Público de Emprego, intermedia no mercado laboral, interrelacionando oferta e demanda de emprego, con eficacia, transparencia e rapidez. Trátase de mellorar o funcionamento do mercado laboral galego e facilitar a igualdade de oportunidades no acceso ao emprego.

O sistema baséase na complementariedade da rede pública de oficinas de emprego e dos centros asociados para mellora-la atención aos/ás demandantes e ofertantes de emprego. O modelo de intermediación entre ofertas e demandas de emprego baséase na atención personalizada, evitando as colas, mediante un sistema de cita previa telefónica e os caixeiros de servizos, e na especialización do centro, que atende aos/ás usuarios/as só en certas familias profesionais ou sectores productivos, normalmente vinculados á formación que realizan. Así mesmo, o Servizo Galego de colocación introduce a posibilidade de telematizar a procura de candidatos/as por parte das empresas, mediante a posibilidade de facer unha pre - oferta de traballo a través de INTERNET e de recibir currículosdos/as candidatos/as por fax. Por outra banda, o emparellamento informatizado do S.G.C. permite garantir que o/a candidato/a enviado á empresa axústase exactamente ó perfil solicitado, sen ter en conta outro obxectivo que o de gañar credibilidade para recibir máis ofertas de emprego e darlle novas oportunidades aos/ás desempregados/as inscritos/as.

Son entidades colaboradoras as oficinas propias de emprego e a rede de centros que colabora coa Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

As funcións destas entidades son:

• Informar
• Tratar as demandas de emprego.
• Captar e tratar as ofertas de emprego.
• Apoiar á intermediación entre a oferta e a demanda.

Si es demandante de emprego poderás achegarte á oficina de emprego do teu lugar de residencia ou chamar ao teléfono:

   • 902.125.000

Si es ofertante de emprego poderás introducir a túa oferta contactando coa oficina de emprego ou centro asociado do S.G.C. ou chamar ao teléfono:

   • 902.262.902
 
Tamén poderás resolver calquera dúbida consultando a páxina web:

   • www.xunta.es

ORIENTACIÓN LABORAL
¿Que é o que se pretende?

• Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional   axudándoos/as a mellorar a súa empregabilidade.
• Actualizar e activar o currículo vital de cada demandante.
• Optimizar a oferta formativa existente.
• Compatibilizar a demanda da persoa coa oferta existente.
• Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer aos/ás usuarios/as o    seu nivel de cualificación e potencial laboral.

¿Como?

A través de accións como:

• Entrevista en profundidade.
• Itinerario de inserción laboral.
• Información profesional.
• Busca activa de emprego.

¿Onde?

Este servizo préstase nas Oficinas de Emprego da Consellería e en entidades que colaboran coa mesma.

Tamén podes facelo na OMIX, no Servizo de Orientación Laboral
(Tel.  986 700 822 )


ASESORAMENTO PARA O AUTOEMPREGO

¿Qué é o que se pretende?

Preténdese:

• Contribuír ao desenvolvemento local mediante asesoramento a empresas e    detectando as necesidades do mercado.
• Impulsar e coordina-lo fomento do autoemprego con distintas administracións e    axentes económicos.
• Xerar unha oferta de servizos para o autoemprego.
• Crear unha cultura emprendedora.

¿Cómo?

A través de:

• Un asesoramento personalizado a aqueles que teñen unha idea concreta do negocio.
• Realízase un estudio de viabilidade do seu proxecto, as xestións iniciais e a    formación empresarial necesaria para poñer en marcha o seu proxecto.

¿Sobre que se asesora?

Sobre temas como:

• O perfil do autoemprego
• A idea de negocio.
• O plan de empresa.
• As formas xurídicas de empresa.
• Os trámites de constitución dunha empresa.
Tamén podes obter información nos seguintes enderezos:

Consellería de TRABALLO
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15771 Santiago de Compostela
 981 544864 

Instituto Galego de Promoción Económica (I.G.A.P.E.)
Complexo Administrativo Barrio San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela ( A Coruña)

Oficina de Vigo:
Edif. Adm. Xunta de Galicia R/ Concepción Areal, 8, nº 4 planta
36201 Vigo
 986 817366  Fax: 986 817361 e-mail: vigo@igape.es
Oficina de Pontevedra:
R/ Michelena, 30
36001 Pontevedra
 986 805305  Fax: 986 805308

Pero, se o que queres é recibir un asesoramento específico, entón diríxete á Rede de Técnicos /as de Emprego Local

Técnicos Locais de Emprego da zona :

1. Concello de Pontevedra.
R/ Santa Clara, nº 4
Teléfono:  986 848 552 

2. Concello de Vilaboa.
Tourao, nº 1 3
Teléfono:  986 708215 
Fax: 986 708 387

3. Concello de Pontecaldelas.
Avda. de Galicia, nº 17
Teléfono:  986 700 013 

4. Concello de Vigo.
Praza do Rei, s/n 36202
Teléfono:  986 810 100 

5. Concello de Soutomaior
R/ Alexandre Bóveda, 8 - 36691
Teléfono:  986 705106 
aedl@soutomaior.com

 

ESTRUCTURA TERRITORIAL DO SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
Distribución xeográfica

Área Funcional

Rede de Orientación Laboral

VIGO

Nº Oficinas de Emprego: 7
Nº Centros Asociados SGC: 33
Nº Entidades Acreditadas Autoemprego: 18
Nº Entidades Asociadas Autoemprego: 5
Nº Orientadores Laborais na área: 30

Ámbito territorial


Vigo, Baiona, Gondomar, Nigrán,
Mos, Porriño, Salceda de Caselas,
Fornelos, Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior (AEAS, Avda. Castelo, 49 Galerías 36690)
 



Oficinas de Emprego de Pontevedra


Oficina de emprego Vigo-López Mora
Rúa López Mora, 50
Tel:  986 293 450 
Fax: 986 296 116
36211 Vigo
 

Oficina de emprego Vigo-Sanjudo Badía
Avenida Sanjudo Badía, 35
Tel:  986 374 201 
Fax: 986 372 446
36207 Vigo
 

Oficina de emprego A Cañiza
Rúa Progreso, s/n
Tel:  986 651412 
Fax: 986 651549
36880 A Cañiza

Oficina de emprego Vigo-Coia
Rúa Baiona, s/n
Tel:  986 293593 
Fax: 986 294 170
36209 Vigo

Oficina de emprego Baiona
Rúa Ventura Misa, 19
Tel:  986 355 055 
Fax: 986 356 144
36300 Baiona

Oficina de emprego Caldas de Reis
Rúa Laureano Salgado, 10
Tel:  986 540 018 
Fax: 986 540 938 36650 Caldas de Reis
 

Oficina de emprego Cangas Rúa Fomento, s/n
Tel:  986 302 203 
Fax: 986 302 203
36940 Cangas

Oficina de emprego Lalín
Avenida Luis González, 18
Tel:  986 780 465 
Fax: 986 782 171
36500 Lalín

Oficina de emprego de 0 Porriño
Rúa Ribeira s/n (Tomeiros)
Tel:  986 331262 
Fax: 986 335 063
36400 0 Porriño

Oficina de emprego Pontevedra
Rúa Eduardo Pondal, 32
Tel:  986 852 100 
Fax: 986 850 927
36003 Pontevedra
 

Oficina de emprego Tui
Rúa Alcalde Casal Aboy, 19
Tel:  986 601332 
Fax: 986 604 119
36700 Tui

Oficina de emprego Vigo-Calvario
Rúa Urzáiz, 128
Tel:  986 279 112  
986 279 112 
Fax: 986 280 885
36205 Vigo

Oficina de emprego Redondela
Rúa Hernestina Otero, 19
Tel:  
986 400 213  
986 400 213 
Fax: 986 400 560
36800 Redondela

Oficina de emprego Vilagarcía de Arousa
Avda. Doutor Tourón, 50-entrechán
Tel:  
986 502 919 
 986 502 919 
Fax: 986 509 056
36600 Vilagarcía de Arousa
 

Oficina de emprego A Estrada
Avda. Benito Vigo, 54
Tel:  
986 570 930  
986 570 930 
Fax: 986 572 939
36680 A Estrada

Oficina de emprego Cambados
Rúa Alfonso Rodríguez Castelao,s/n
Tel:  
986 542 850  
986 542 850 
Fax: 986 543 300
36630 Cambados

Oficina de emprego Ponteareas
Rúa Calvo Sotelo, 13
Tel:
 986 640 027 
 986 640 027 
Fax: 986 642 306
36860 Ponteareas
 

 

 

 

 

Portais de emprego

 

www.bizneo.com  
www.neuvoo.es  
jooble.trabajo en el mundo  
jooble.trabajo en España  
jooble.trabajo en Pontevedra  
jooble.trabajo en Galicia
www.experteer.es



http://empleo.trovit.es/empleo-en-pontevedra-provincia

 

www.locanto.es

 

 

 

www.canaloposiciones.com

Informa sobre: oposicións e emprego público. Dispón de ampla información actualizada a diario sobre centros de formación, temarios para opositores/as e as últimas oposicións, concursos e ofertas de emprego público publicadas nos boletíns oficiais das 17 comunidades autónomas, Boletín Oficial do Estado e Diario Oficial da Unión Europea.

www.contactosdetrabajo.com

Portal de contactos de traballo e emprego en España, con Contactos de traballo, podes incluir o teu CV e búsquedas de traballo según o teu perfil, sector e ubicación xeográfica.

www.empleo.com

É un buscador de ofertas de emprego, bolsas de emprego en internet. Busca de todo tipo de páxinas relativas ó emprego( de traballo, bolsa de traballo, en traballo, emprego, traballo...) presentando un acceso directo as mesmas.

www.cimo.org

Portal galego do emprego. Permite rexistrarse e introducir o curriculo, ademais existe unha sección de autoemprego con información útil, asesoría, franquicias e outras melloras profesionais con cursos e becas, axudas...

www.empleogalicia.com

Portal de emprego en Galicia. Podemos atopar información das empresas. E tamén a posibilidade de introducir o curriculum.

www.acciontrabajo.com

Ofertas de emprego en todos os países de fala hispana. As empresas poden publicar ofertas de traballo gratis e os candidatos suscribirse gratuitamente tamén.

www.infojobs.net

Banco de curriculums e ofertas de emprego. Envío ó móvil e ó correo electrónico personalizado. Sección de noticias e centro de recursos...

www.trabajofacil.com

Rexistro de curriculums para ser enviados a diferentes bolsas de traballo(jobpilot, stepstone, oficina de emprego...) Presenta unha páxina de convocatorias de emprego público.

www.trabajos.com

Lugar de encontro entre empresas e quenes buscan emprego. Pódese introducir o curriculum e ofrecen distintos servizos (que me busquen, ofertas e-mail).

www.opcionempleo.com

Ofertas de emprego e bolsas de traballo en España Ofrece unha búsqueda noutros motores ou sitios de emprego para entregar amplos resultados.

www.trabajo.org

Ofertas e demandas de emprego,noticias do mundo laboral e consellos prácticos para a busca de emprego.

www.todotrabajo.com

Servizo de emprego gratuito.Os candidatos poden insertar o seu curriculo e facer búsquedas personalizadas de ofertas de emprego. É unha bolsa de traballo.

www.oficinaempleo.com

Búsqueda de ofertas de emprego, oposicións e becas en España. Recibe gratis por e-mail os traballos de forma automática. Manuais de como facer o teu curriculo e rexistrarse gratis. Posibilidade de publicar cursos de formación.

www.virtuempleo.com

Plataforma de búsqueda de emprego e candidatos onde poderás insertar o curriculum e visualizar ofertas laborais que teñan.

www.recursoshumanos.net

Bolsa de traballo. Realiza unha presentación por categorías(espectáculos,comerciais, hostalería e turismo, directivos, informáticos e autónomos).




© 2009 Multiusos en Arcade | Rúa Peirao, 8 36690 - Soutomaior Pontevedra | Webmaster: LYC Servicios Informáticos
Teléfono e Fax: 986 700 822 | omix@soutomaior.com