Información xuvenil Xeral

O  servizo de xuventude do Concello de Soutomaior a través da súa Oficina Municipal de Información Xuvenil é a dependencia administrativa na que se facilita información e orientación sobre calquera tema de interese xuvenil, poñendo a vosa disposición unha serie de servizos especializados e un fondo de documentación organizado por áreas de interese que se pode consultar en horario de oficina.

Entre outros temas atoparedes información sobre: asociacionismo, voluntariado, turismo activo, premios e concursos, bolsas e axudas, actividades de lecer e tempo libre, ofertas de emprego, carnés con descontos, actividades e outros servizos municipais.

Tamén tedes a vosa disposición as asesorías especializadas:
- Emprego
- Educación
- Vivenda
- Asociacionismo

A OMIX expide o CARNÉ XOVE, destinado á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, ambas incluídas.

 


© 2009 Multiusos en Arcade | Rúa Peirao, 8 36690 - Soutomaior Pontevedra | Webmaster: LYC Servicios Informáticos
Teléfono e Fax: 986 700 822 | omix@soutomaior.com