Moceando

PROXECTO AFECTIVO SEXUAL DIRIXIDO Á MOCIDADE

<vacío> Organiza: Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior


Programación

ACTIVIDADE 1: OBRADOIROS SOBRE SEXUALIDADE

Consiste en realizar unha serie de dinámicas dirixidas a analizar cales son os nosos mitos sexuais e rachar con tabús, aprender a coñecernos e valorarnos e proporcionar información fiable sobre todos os aspectos  que teñen que ver coas nosas relacións afectivos sexuais desde unha perspectiva positiva e preventiva.

Esta actividade vai dirixida a mozos e mozas a partir de 12 anos.

 

ACTIVIDADE 2: APRENDENDO A LIGAR

Consiste na realización de obradoiros lúdicos mediante os cales os mozos e mozas aprendan habilidades sociais que inflúen nas relacións afectivo sexuais e no xeito de relacionarse e interactuar con outras persoas: falaremos de: comunicación, toma de decisións, negociación, autoestima, etc.

Esta actividade vai dirixida a mozos e mozas a partir de 14 anos.

 

ACTIVIDADE 1: A VIOLENCIA NAS RELACIÓNS AMOROSAS

 

Consiste na realización dunha serie de obradoiros mediante os cales a mocidade aprenda a expresar os seus sentimentos de xeito constructivo e positivo manexando os conflictos e mellorando a comunicación dentro das relacións afectivas para previr conductas violentas e abusivas.

Esta actividade vai dirixida a mozos e mozas a partir de 14 anos.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTE PROGRAMA EN:

 OMIX, R/ Peirao, 8 – Multiusos – Arcade

 36690 Concello de Soutomaior

 Teléfono 986 700 822,  omix@soutomaior.com

 


© 2009 Multiusos en Arcade | Rúa Peirao, 8 36690 - Soutomaior Pontevedra | Webmaster: LYC Servicios Informáticos
Teléfono e Fax: 986 700 822 | omix@soutomaior.com