Emprego

Que é o Plan Municipal de Voluntariado?

voluntariado

Son un conxunto de accións voluntarias integradas no Plan Galego de Voluntariado e regulado pola Lei 3/2000, do voluntariado de Galicia.

Que queremos?

DIFUNDIR E SENSIBILIZAR entre a poboación en xeral, o valor do voluntariado como forma de participación social e exercizo de corresponsabilidade.

INFORMAR E ORIENTAR sobre voluntariado: oportunidades e necesidades do mesmo, programas, recursos...

OFRECER SERVIZOS DE APOIO A ASOCIACIÓNS E VOLUNTARIOS/AS: documentación, formación e asesoría dirixida ás entidades e ás persoas voluntarias, para que consoliden a súa acción.

INTERMEDIAR para potenciar os vínculos entre organizacións e posibles voluntarios/as,  aquí e en proxectos de voluntariado europeo.

FORTALECER O TECIDO ASOCIATIVO das áreas nas que traballamos mediante a información e a formación coas asociacións de mulleres, mocidades, veciñais, culturais, deportivas...

IMPULSAR O TRABALLO EN REDE, a nivel local e autonómico, de forma que se enriqueza a nosa práctica diaria e se fortaleza a acción.

Que facemos?

SE QUERES FACERTE VOLUNTARIA/O, AGARDÁMOSTE PARA:  

INFORMARTE das organizacións, dos programas e dos postos de voluntariado.

ASESORARTE sobre os teus dereitos e deberes como voluntario/a.

FORMARTE para comezar a túa labor de voluntariado.

ACOMPAÑARTE na túa labor voluntaria.

SE SODES UNHA ASOCIACIÓN, APOIÁMOSVOS EN:  

DIFUNDIR a información das vosas actividades.

DERIVARVOS persoas voluntarias.

INFORMARVOS de recursos e actividades.

ASESORARVOS sobre temas de xestión e administración.

BUSCARVOS espazos de coordinación.

FORMARVOS nos temas que demandedes.

En que espazos e programas municipais podes realizar voluntariado?

No ámbito dos Servizos Sociais.
No ámbito da promoción da Xuventude.
No ámbito da Educación.
No ámbito da promoción e divulgación da Cultura.
No ámbito da promoción da Igualdade entre homes e mulleres.
No apoio á actividade Deportiva

Quen é unha persoa voluntaria?

É toda persoa física que, de modo libre, altruísta e responsable, realiza actividades a favor de persoas ou de interese colectivo no seo de entidades de acción voluntaria, públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e sen percibir ningún tipo de contraprestación económica.

Quen pode ser persoa voluntaria?

Toda persoa maior de 18 anos, ou 16 anos pero con autorización sexa sensible coas problemáticas da comunidade e sen que sexa imprescindible unha formación académica anterior. Tan só é necesario dispoñer dalgún tempo para desenvolver algunha acción voluntaria e o compromiso persoal de levala a cabo.

Por que ser voluntario/a?

Ademais, da gratificación persoal que se pode acadar colaborando de xeito altruísta en actividades que benefician á Comunidade e polo tanto a todos e todas, o Concello de Soutomaior, certificará a actividade das persoas voluntarias con constancia dos seus datos persoais, da actividade desenvolvida e da súa duración. Esta experiencia pode ser moi útil para mellorar o currículo profesional.

Como podo contactar coa oficina para facerme persoa voluntaria ou solicitar os servizos do voluntariado?

Podes solicitar información no teléfono 986 700 822 ou persoalmente na OMIX no Edificio Multiusos na rúa Peirao, 8 – Arcade – Soutomaior

Horario de atención ao público:

De luns a venres de 15,30 a 20,30 agás os mércores que estamos de 9 a 14 h

Inscríbete como voluntario/a!
        

pdg Formulario de inscrición

pdg Autorización menores de idade

ANUNCIOS VOLUNTARIADO MUNICIPAL

Voluntariado social, educativo e cultural

Departamento: Concellería de Xuventude
Programa: Escola Municipal de Debuxo e Pintura.

Acción de acompañamento na Escola Municipal de Debuxo e Pintura. Nesta actividade educativa e de lecer participan nenos e nenas de 5 a 11 anos. Coa programación da actividade tratamos de introducir movementos artísticos a través da imitación de estilos nas creacións do alumnado para que coñezan movementos artísticos de todas as épocas, ata a contemporaneidade, adaptados sempre ás súas capacidades e intereses. Si che interesa adquirir novas experiencias anímate a participar como voluntario/a nesta actividade creativa, experimental e de dinamización da xente nova. Pide máis información na OMIX e Faite voluntario/a!

Requisitos: interese polas artes plásticas e gañas de colaborar nunha actividade de educación non formal cun grupo infantil – xuvenil. Preferentemente mozos e mozas entre os 16 a 35 anos.

Número de prazas: 1
Máis información e inscricións como voluntario/a: na OMIX, Centro Multiusos. R/ Peirao, 8 – 36690 Arcade Concello de Soutomaior. Teléfono: 986700822, omix@soutomaior.com

Voluntariado cultural

Departamento: Concellería de Cultura. Biblioteca Municipal (Arcade)
Programa: varios  

Si tes inquedanzas culturais e sempre che gustou estar rodeado/a de libros e de información ofrecémosche a posibilidade de colaborar nas actividades que organiza a Biblioteca Municipal que che proporcionarán moitas experiencias persoais enriquecedoras a través do contacto con outras persoas e do contacto coa cultura.  

Requisitos: gusto pola cultura e gañas de colaborar.  

Número de prazas: en función das posibilidades do servizo.  

Máis información sobre a biblioteca e as súas actividades: Biblioteca Municipal. Teléfono: 986 700 291         biblioteca@soutomaior.com  

Inscríbete como voluntario/a: na OMIX, Centro Multiusos. R/ Peirao, 8 – 36690 Arcade Concello de Soutomaior. Teléfono: 986700822, omix@soutomaior.com

Voluntariado lúdico e cultural

Departamento: Concellería de Xuventude
Programa: Entroido 2014

Colaboración na programación de Entroido que engloba diversas actividades lúdicas e de lecer e tempo libre así como de participación e dinamización social. Si che gusta estar en contacto con outras persoas e aprender novas cousas así como adquirir unha experiencias formativa no eido do tempo libre podes facelo colaborando neste programa. Pide máis información na OMIX e Faite voluntario/a!

Requisitos: interese pola cultura, animación e participación cidadá.

Número de prazas: sen determinar.

Máis información e inscricións como voluntario/a: na OMIX, Centro Multiusos. R/ Peirao, 8 – 36690 Arcade Concello de Soutomaior. Teléfono: 986700822, omix@soutomaior.com

© 2009 Multiusos en Arcade | Rúa Peirao, 8 36690 - Soutomaior Pontevedra | Webmaster: LYC Servicios Informáticos
Teléfono e Fax: 986 700 822 | omix@soutomaior.com