Escola municipal de xadrez

Ver fotos

Ver fotos da exhibición da escola municipal de xadrez 14/15

Ver fotos da exhibición da escola municipal de xadrez 10/11

Ver memoria da escola municipal de xadrez 10/11

Ver fotos da exhibición da escola municipal de xadrez 09/10

 

GRUPO ABERTO
Si estás interesado en participar...INSCRÍBETE NA OMIX


A Escola Municipal de Xadrez do Concello de Soutomaior vai dirixida a persoas a partir dos 6 anos que desexen iniciarse na práctica deste deporte e desenvolver todas as capacidades ao máximo dunha maneira divertida.  

 Pablo García Castro, profesor da Escola de Xadrez de Pontevedra e coordinador da Unidade de Xadrez da Universidade de Vigo será o encargado de impartir as clases.

Levar o deporte aos centros municipais axuda a garantir que todos e todas os atopemos na educación física e no deporte un medio para favorecer o noso desenvolvemento, mellorar a saúde e conservar a cohesión da familia e a sociedade.

É de especial interese, polo tanto, facer un esforzo por mellorar a actividade deportiva e, sobre todo, en idade escolar.  

Por que o Xadrez? A experiencia acumulada e os exemplos noutros países, coma Rusia, Bélxica ou Cuba, amosan como, non só é importante levar o xadrez a escola polo que ó aspecto deportivo estrictamente se refire, senón que se cadra máis importante aínda, pola súa valía dentro do contexto da Educación. Sen dúbida un dos obxectivos prioritarios que perseguimos dende a Escola Municipal de Xadrez de Soutomaior, é o de amosar á sociedade en xeral, e ás persoas involucradas no proceso educativo en particular, como aproveitar os recursos que como ferramenta pedagóxica ofrece o milenario xogo do Xadrez.  

 Áreas:
Introducción ao xogo
Historia do xadrez
O que se necesita para xogar             
 - O taboleiro de xadrez             
 - As pezas              
 - O reloxo de xadrez
Resumo da regras do xogo Resumo das normas de notación axedrecística
Etapas do xogo
Táctica e estratexia axedrecísticas  

Obxectivos:
-          Fomentar a práctica deportiva en idade escolar nos centros de ensinanza e asociacións culturais do Concello de Soutomaior.
 -          Potenciar a contribución do Concello de Soutomaior no proceso educativo dos mozos e mozas en idade escolar e na creación de hábitos saudables a través do deporte.
-          Contribuír a unha educación integral e plena do alumnado a través do deporte.
-          Acadar mediante a práctica dunha actividade deportiva organizada as bases dunha condición física e unha mellor calidade de vida da persoa.
-          Dar a coñecer á xuventude de Soutomaior e ás persoas próximas a súa formación persoal e académica, as posibilidades do deporte do Xadrez, non só desde unha perspectiva de lecer ou competición, senón tamén como ferramenta pedagóxica.
 -          Fomentar a práctica e uso da lingua galega.
-          Gozar e aprender co Xadrez.  

Destinatarios/as: a partir de 6 anos.

Grupos: faremos grupos por nivel de coñecementos. O horario será os luns e ofertaranse tres posibles horarios: de 16 a 17 h; 17a 18 h; de 18 a 19 h dependerá do nivel e do número de persoas inscritas.

Pago: 20 € /bimensual empadroados/as; 40 € /bimensual non empadroados/as. A actividade comeza en outubro e remata en maio de 2016.

Prazas: 16/grupo

Profesorado: Escola de Xadrez de Pontevedra

Inscricións: ata o 25 de setembro.

pdg Solicitude inscrición

Información e matrícula:
Oficina Municipal de Información Xuvenil
R/ Peirao, 8 – Multiusos - Concello de Soutomaior
Tfno.: 986 700 822     omix@soutomaior.com
www.soutomaior.com

 



© 2009 Multiusos en Arcade | Rúa Peirao, 8 36690 - Soutomaior Pontevedra | Webmaster: LYC Servicios Informáticos
Teléfono e Fax: 986 700 822 | omix@soutomaior.com